venres, 29 de maio de 2015

Pontenciencia 2015


Ver todas as fotos

Rematou  a investigación e as xornadas de Pontenciencia 2015. Este ano no programa houbo curtas , maxia, planetario e robotix entre outras cousas. A nosa escola presentouse con tres investigacións, a de coñecer cales eran as plantas autóctonas e alóctonas, cales eran comestibles e cales eran mediciñais. Maña sábado, a partir da unha darán os diplomas e premios tanto as escolas como as familias.  Non sabemos se ganaremos algo, o que si é certo é que fumos a escola con máis investigadores, 75 en total, todos os de 6º deste curso 2014-15.

Noraboa a todos polo traballo !

Se queredes ver as fichas presentadas podedes velas neste blogue na etiqueta Fichas Plantas  .

Ver Cable Eléctrico Humano (Ciencia e Maxia)

Prensa:

256 alumnos de colexios de Pontevedra experimentarán con investigacións científicas

Pontenciencia esperta o espírito investigador e científico de 300 escolares pontevedreses

Por que estoupan as bebidas de cola ao mesturalas con caramelos de menta?

A luz cega os escolares en Galiciencia

A segunda feira da ciencia de Pontevedra volve sorprender

Diario da Universidade: A Ciencia non enende de idades

TVG:

Demostración do Ph coas tiras do tornasol

Varios experimentos: o motor máis sinxelo, como funciona un volcán

mércores, 27 de maio de 2015

VI Edición de "Xadrez na Rúa"


A Praza de España será escenario o venres 29 de maio, dende 10:30 horas, dunha nova edición de 'Xadrez na Rúa', na que participarán os centros escolares de Campolongo, Manuel Vidal Portela, Xunqueira II ...
A nosa escola participará co alumnado de 5º , un total de 100 alumnos.

Ver nova na prensa

martes, 26 de maio de 2015

sábado, 23 de maio de 2015

Seleccionados para a actividade de Lourido o 5 de xuño do CEP Campolongo

Clica na imaxe para ver o listado cos 50 elexidos por sorteo dun total de 195 alumnos/as presentados

Ver listado de reservas (se falla algún dos seleccionados )

Artigo relacionado

venres, 10 de abril de 2015

As máquinas (inventos)


Traballos de máquinas feitos coa colaboración das familias. Moitas delas relacionadas coa luz e cos inventores que fixeron posible ter moitas das comodidades que temos neste século XXI
Clica na segunda imaxe para ver todas.

xoves, 9 de abril de 2015

Circuíto eléctrico con vinagre

O vinagre ten multitude de usos; ademais de aliño, serve como conservante de alimentos, como repelente de mosquitos, de artigo de limpeza, debido ao seu carácter ácido, reacciona co carbonato cálcico polo que tamén é usado para a limpeza de cal en pequenos electrodomésticos como cafeteiras. Grazas a este carácter ácido e a súa facilidade para adquirilo puidemos facer un experimento entre a relación da reacción química e  corrente eléctrica:

O obxecto da electroquímica é estudar a relación entre as reaccións químicas e as correntes eléctricas ás que estas reaccións poden dar lugar en determinadas circunstancias, así como a conversión de enerxía química en enerxía eléctrica e viceversa.
As pilas caseiras funcionan a partir dunha reacción química que produce unha corrente eléctrica. O vinagre, normalmente, é ácido acético máis auga. Este provén do alcohol dun viño grazas á fermentación dunhas bacterias que lle gustan o osixeno para vivir ( os biólogos chámanas bacterias aeróbicas). Canto máis calidade teña o viño, mellor será o vinagre. Hai moitos tipos de vinagres; de tipo industrial, de alcohol, de Xerez.....

No vídeo podemos ver como o alumnado de 6º elaboraron varios circuítos, en especial o feito con vinagre.
Artigos relacionados co 2015 Ano Internacional da Luz

sábado, 21 de marzo de 2015

Encontro en Porto para relanzar o Proxecto Atlántico - Educar para a Cidadanía Global





Ver todas as fotos

Este venres 21 de marzo de 2015 tivemos o encontro en Porto para relanzar o Proxecto Atlántico das Escolas Asociadas UNESCO.

Escolas Participantes:
- Escola Básica Francisco Ferreira Drummond (Açores)
- Escola Secundária Vitorino Nemesio (Açores)
- Escola Secundária Bernardino Machado (Figueira da Foz)
- Escola Secundária Sá Da Bandeira (Santarém)
- Agrupamento de Escolas do Cerco (Porto)
- Escola Secundária Aurélia de Sousa (Porto)
- Jardim Infantil Ogá-Mitá (porto)
- IES Seoane (Pontevedra)
- CEIP Isidora Riestra  (Pontevedra)
- CEP Campolongo  (Pontevedra)
- CEIP San Bieito de Lérez (Pontevedra)
Escolas non presenciais:
- Escola Secundaria Fulgêncio Tavares, Praia (Cavo Verde)
- Externato do Sagrado Coraçao de Jesus (Porto)
- Colégio da Apresentaçao  (Calvâo)

Unha vez teñamos un resumo ou acta da xornada porémola neste blogue. De entrada propúxose continuar ou comezar a traballar o concurso IMAXINA Ó ATLÁNTICO: redacción, poesía, fotografía, debuxo .....

NOTA: Aqueles das Escolas Asociadas á Unesco do Proxecto Atlántico que queirades ser autores do blogue para meter os vosos artigos solicitade a participación escribíndo un correo á Nito : aferrer61 @  gmail.com

Artigo relacionado

xoves, 12 de marzo de 2015

Axenda 21

Video conferencia o 19 de marzo, para os estudantes de máis de 14 anos.

xoves, 26 de febreiro de 2015

Xuntanza no Pazo da Mercé - As Neves


O venres pasado 20 de febreiro celebramos no IES Pazo da Mercé de As Neves (Pontevedra) unha nova xuntanza das Escolas Galegas Asociadas á UNESCO. Puntos  máis importantes: 
1. Xuntanza en Porto.
Despois de ver como ían evolucionando os traballos deste curso, concretamos o de que escolas se apuntaban a unha pequena xornada o día 20 de marzo en Porto (Portugal) para relanzar o Proxecto Atlántico.
2- Encontro das Escolas
Púxose unha data (16 de abril, ) para un encontro  das escolas galegas nunha praia para traballar entre outros  o tema da reciclaxe. Cada escola pode levar máximo 50 alumnos. A segunda opción será o 28 de abril (no caso de que non se poidera facer na primeira por algunha razón especial)
3- Concurso Imaxina  o Atlántico. 
Proposta para levar conxuntamente este ano  2015 ó vindeiro Congreso Estatal que se celebrará na Liña da Concepción en Cadiz. O concurso é totalmente aberto ós diferentes aspectos que se poidan traballar na escola: contos, poesía , debuxo, fotografía, manualidades ...

sábado, 21 de febreiro de 2015

Joseph Nicéphore Niépce

Este ano 2015, a UNESCO, está a celebrar o Ano Internacional da Luz.  A  escola  CEP Campolongo, entre outras cousas, está investigando a vida dos inventores de traballos relacionados coa luz, neste caso temos  a Joseph Nicéphore  Niépce , que xunto con Louis Daguerre fixeron o primeiro proceso fotográfico que se coñece.

Inventos  relacionados coa electricidade

Máis sobre o ano da luz

luns, 16 de febreiro de 2015

Obra gráfica de Castelao

O día 23 de Decembro de 2011 o Consello da Xunta de Galicia declaraba Ben de Interese Cultural Inmaterial o conxunto da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), co fin de garantir a súa protección, difusión e investigación. Daquela, decidiuse organizar este proxecto para poder levar a cabo un estudo minucioso dunha parte da obra deste artista: a súa obra gráfica.

sábado, 14 de febreiro de 2015

Casa da Luz - Pontevedra - Edificio con Historia


A Casa dá Luz, na que os seus  arcos presiden a Praza da Verdura, foi dende 1595 matadoiro e carnizaría municipal, central eléctrica, mercado cuberto de froitas e legumes, xulgado municipal, local para bailes públicos, caixa de aforros e monte de piedade, sede do sindicato de produtores de sementes, local do servizo municipal de augas, sede da Policía Local e agora está como empresa pública "Turismo Pontevedra.  
Como central eléctrica, foi a 1ª de Galicia e a segunda de España, despois da de Girona.         Máis sobre o Ano Internacional da Luz

xoves, 5 de febreiro de 2015

Descubrimentos e Innovacións relacionadas coa electricidade no século XIX



1-1800 Volta (Italiano) Pila
2- 1849 Bourding (Francés) Turbina Gas
3- 1885 Benz (Alemán) Auto, Engra. Dif.

4- 1802 Symington (Escocés) Bote Vapor
5- 1849 Francis (US) Turbina Hidráulica
6- 1885 Daimier (Alemán) Motocicleta

7- 1824 Aspdin (Inglés) Cemento Portland
8- 1858 Siemens (Alemán) Horno p/ acería
9- 1885 Stanley (US) Transformador Elct.

10- 1828 Henrry (US) Electromagneto
11- 1864 Marcus (US) Automóvil Exp.
12- 1887 Tesla (US) Motor de Inducción

13- 1835 Talbot (Inglés) Fotografía
14- 1866 Nobel (Suizo) Dinamita
15- 1888 Eastman (US) Cámara Kodak

16- 1837 Davenport (US) Motor CD
17- 1868 Gramme (Belga) Dinámo de CD
18- 1889 Daimier (Alemán) Motor Gasolina

19- 1837 Morse (US) Telégrafo
20- 1876 Otto (Alemán) Motor 4 ciclos
21- 1892 Tesla (US) Motor CA

22- 1845 Hoe (US) Rotatíva
23- 1876 Bell (US) Teléfono
24- 1892 Morrinson (US) Auto. Eléctrico

25- 1846 Howe (US) Máquina de coser
26- 1879 Edison (US) Lámpara Incandescente
27- 1893 Tesla (US) Radio

28- 1847 Staite (Inglés) Lámpara de Arco
29- 1882 Wheeler (US) Ventilador Eléctrico
30- 1895 Diesel (Alemán) Motor Diesel