sábado, 3 de outubro de 2015

1ª Circular Estatal - Curso 2015-16

  Xúntase

1-  "Declaración de Incheón" sobre Educación.

2- Declaración de Aichi-Nagoya sobre D. Sostible

Clica na imaxe para ver a 1ª Circular Estatal da REAU


Declaración de Incheón sobre a Educación


5 de outubro - Día mundial dos docentes


5 de Outubro:  "Día Mundial dos docentes"

     Lema do 2015:  "Empoderar al profesorado para construir sociedades sustentables"    Ver lemas de anos anteriores

Queres inscribir un evento ou mandar unha mensaxe para o teu mestre?     

Ver na wikipedia

 Declaración de Incheon: "Velaremos por que os docentes e os educadores estean empoderados, sexan debidamente contratados, reciban unha boa formación, estean cualificados profesionalmente, motivados e apoiados dentro de sistemas que dispoñan de recursos suficientes, que sexan eficientes e que estean dirixidos de maneira eficaz"



venres, 25 de setembro de 2015

Que é a COP1 ?


1ª Xuntanza REGAU do curso 2015-16 (Rede de Escolas Galegas Asociadas a Unesco)

Este mércores pasado,  23 de setembro de 2015, no IES Seoane,  iniciose o traballo das Escolas Asociadas Unesco Galegas para este curso  2015-16. Algúns dos puntos que se trataron foron:
1- Reflexións do XXVIII Congreso Estatal na Liña da Concepción (Cádiz)
2-Proposta para o día da Paz :  As Patronas Mexicanas
4- 70 Aniversario  ONU, (Dar a coñecer  o texto do preámbulo: fins deste organismo).
5-  Proxecto Atlántico: cambio climático. Concurso do logo do Proxecto Atlántico.  Data de entrega:10 de decembro. O Bosque . Secuoias en Poio.
 6- Proxecto Faro. Turismo-Patrimonio en risco.
7- IV Centenario da morte de Miguel de Cervantes:  "O Quixote" e "Los trabajos de Persiles y Sigismunda".
8- 2016 Ano internac das leguminosas . As comidas no Quixote.
9- 2016 Ano Internacional do  Entendemento Global . Propostas: Infantil: Poesía.  Primaria, ver propostas en  (http://www.unaiglobalcitizen.org/)   .. Secundaria: Clube de linguas, aprendizaxe. Data: 24 de outubro. Día internacional das bibliotecas. Buscar eslógans sobre o entendemento global e subilos ó blogue.
 10- Proposta da Facultade de Ciencias da Educación: Unidade Didáctica 5-6 : Tratamento problemática de convivencia, conflitos. Traballar a linguaxe amigable, Empatía. Xerar materiais.
11- Encontro Atlántico:  Ibarrola  ?.  
12 - Congreso sobre a Pobreza, 14 xaneiro  (?) en Pontevedra .  Ver se quere apuntar algún grupo escolar.
13- Congreso Galego Unesco: 25-26 febreiro.  Propostas Obradoiros: Presentacións, Mediación, relatividade.  Un  externo sobre  "As pontes" ....

14- Art postal - COP1. Campaña de sensibilización sobre os efectos do cambio climático, mandando postais ó enderezo que que se indica na ligazón.  As mensaxes das postais serán sobre un destas tres opcións:
a- A alerta dos efectos do cambio climático nos territorios críticos (afectados)
b- Propostas de solución para limitar  o quecemento climático.
c ....

Terán que ser entregadas antes do 24 de outubro.

Ver acta da xuntanza


sábado, 15 de agosto de 2015

Traballos presentados no XXVIII Congreso da Rede PEA UNESCO - A Liña da Concepción - Cádiz

Descargar traballos do  congreso relacionados coa Cultura de Paz

Descargar traballos do congreso relacionados co Desenvolvemento Sostible

Descargar traballos do congreso relacionados co Patrimonio

Outros

Ver algunhas das fotos

Máis sobre os traballos Galegos neste blog:

Etiquetas:

2015 - Ano Internacional da Luz

2015 - Ano Internacional do Solo

Atlántico - Xornada Atlántica

Palestina  (2015 Ano Internacional de solidaridade co povo Palestino)

Caddy Addzuba

XXVIII Encontro Rede Pea Unesco


Fotos do XXVIII Congreso Estatal da Rede Pea Unesco - A Liña da Concepción - Cádiz



Clica nas imaxes, a da esquerda para ver as fotos de Xibraltar (excursion feita en xullo no XXVIII Congreso Estatal da Rede  Pea Unesco).
Á dereita algunhas fotos do congreso e dos lugares por onde andamos (A Liña da Concepción  eAlgeciras )
Máis fotos:

Antes de chegar á Cádiz, en Madrid, coincidindo coa Marcha do Orgullo Gay

Descargar os traballos presentados no Congreso

Artigos relacionados con este Congreso

xoves, 11 de xuño de 2015

Contos con Luz


Un ano máis participamos xunto con outras escolas no chamado Conto viaxeiro ou Trotacontos. Máis ben nas últimas edicións está sendo un conxunto de contos relacionados cunha temática. Este ano foi o da Luz, por ser o 2015 "Ano Internacional da Luz"
Os nosos contos foron "As 3 fabas" e "O segredo dos vagalumes"

Se clicas na portada "Contos con luz" poderás ver todo o conto.
Ver as fotos do Trotacontos en Campolongo



sábado, 6 de xuño de 2015

Xornada Atlántica 2015 REGAU

Vídeo resumo da Xornada Atlántica na praia de Lourido o venres 5 de xuño, "Día Mundial do Medio ".  Participaron da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco):   Facultade de Educación de Pontevedra, os IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, os CEIPs, Manuel Vidal Portela, Cabanas, San Benito de Lérez, Isidora Riestra e  os CEP Marcos da Portela e  CEP Campolongo.

Ver fotos da Xornada

Artigos relacionados: